Cookie Consent by Free Privacy Policy Generator

Aviso legal

Condicións xerais de uso do sitio

1. Datos identificativos

En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, poñemos no seu coñecemento que a empresa titular de (o “Sitio”) é CRONOTEC, con domicilio social en (o “Titular do Sitio”).

2. Usuarios

O acceso ao Sitio e/ou o seu uso atribúenlle a condición de USUARIO e supoñen a plena aceptación, desde o momento do seu primeiro acceso e/ou uso, das Condicións Xerais de Uso do Sitio que aquí lle detallamos. Estas Condicións Xerais de Uso do Sitio aplícanse á navegación que vostede realice no Sitio. Se, ademais, realiza algún acto de subscrición ou contratación en liña dos bens e servizos ofertados no Sitio, tales actos e contratos rexeranse polas Condicións de Contratación que lle indicaremos en cada caso.

3. Uso do sitio

O Sitio proporciónalle ao Usuario acceso a multitude de informacións, servizos, ferramentas, programas ou datos (os “Contidos”). Os Contidos son propiedade do Titular do Sitio ou dos seus licenciantes e provedores.

O Usuario accede ao Sitio baixo a súa responsabilidade persoal e comprométese, en particular, a respectar os Contidos, a cumprir as instrucións que, se é o caso, lle indique o Titular do Sitio e, en todo momento, e en particular durante o proceso de rexistro, a facilitar información veraz e lícita. Se, como parte do proceso de rexistro, se lle proporciona un contrasinal, o Usuario será responsable de gardalo en reserva e de usalo el mesmo, sen comunicalo a terceiras persoas nin permitir que estas o usen.

4. O usuario

Comprométese a facer un uso axeitado do Sitio, así como dos contidos e servizos que se ofrecen nel e, en particular, dos servizos de chat, foros de discusión ou grupos de novas. En particular, o Usuario oblígase a non empregar nin o Sitio nin os servizos antes indicados para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico ilegal, de apoloxía do terrorismo ou que atenten contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Titular do Sitio ou de terceiros, ou introducir, propagar ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos antes mencionados; (iv) tentar acceder e, se é o caso, utilizar as contas de usuario, o correo electrónico ou os perfís en redes sociais doutros usuarios ou de terceiros, e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

O Titular do Sitio resérvase o dereito de retirar, sen aviso previo, todos aqueles contidos xerados polo Usuario —en particular, comentarios e achegas en chats, foros de discusión ou grupos de novas— que, a criterio do Titular do Sitio, poidan considerarse contrarios ao respecto á dignidade da persoa, discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resulten axeitados para a súa publicación. En calquera caso, CRONOTEC non será responsable das opinións verquidas polos usuarios a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación.

5. Protección de datos

O Titular do Sitio cumpre a lexislación europea e nacional vixente en cada momento e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do Usuario. Por iso, sempre que solicite o consentimento do Usuario para tratar datos de carácter persoal, este será informado previamente e con detalle dos datos que van ser obxecto de tratamento, da súa base xurídica e fins, da identidade e datos de contacto do responsable, do tempo durante o que os datos van ser tratados ou dos criterios dos que dependa a duración do tratamento, dos dereitos que lle asisten ao Usuario titular dos datos e da maneira de exercelos, así como dos demais extremos que esixa en cada caso o Dereito vixente, remitíndoo sempre á Política de Privacidade e Protección de Datos Persoais do Titular do Sitio. O consentimento para o tratamento dos datos solicitarase sempre mediante caixas non marcadas por defecto (opt-in).

Así mesmo, en cumprimento do disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, solicitarase da mesma forma o consentimento do Usuario para calquera envío electrónico de información comercial ou publicitaria.

6. Propiedade intelectual e industrial

O Titular do Sitio, por si mesmo ou como licenciatario ou cesionario, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os Contidos e calquera outros elementos incluídos no Sitio (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Todos os dereitos sobre os Contidos e calquera outros elementos incluídos no Sitio quedan expresamente reservados a favor do Titular do Sitio e dos seus respectivos cedentes ou licenciantes.

Os contidos xerados polos Usuarios son propiedade de cada un deles. A súa inclusión no Sitio, a súa permanencia nel e a súa retirada son prerrogativas exclusivas do Titular do Sitio. Polo simple feito de publicar no Sitio un contido xerado polo Usuario, este non adquire ningún dereito a que tal contido sexa publicado, mantido ou retirado do Sitio.

O Usuario concédelle ao Titular do Sitio, polo só feito da publicación dun contido xerado polo Usuario, unha licenza gratuíta, non exclusiva, libremente transferible aos terceiros que lle sucedan na titularidade do Sitio e de ámbito territorial mundial, para publicar e manter ou retirar do Sitio, unha ou varias veces, segundo lle conveña ao Titular do Sitio, o contido xerado polo Usuario, acade ou non ese contido o grao de orixinalidade necesario para ser protexido pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, tanto española como internacional.

O uso do Sitio non lle atribúe ao Usuario ningún dereito subxectivo, facultade, dereito potestativo, expectativa ou posición xurídica sobre o Sitio, os Contidos ou calquera outros elementos incluídos nel, distintos do mero e simple feito de navegar por el.

En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de propiedade intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a posta á disposición, da totalidade ou parte dos Contidos do Sitio, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa, expresa e por escrito do Titular do Sitio. O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial do Titular do Sitio e dos demais titulares de tales dereitos sobre os Contidos do Sitio. O Usuario poderá visualizar os elementos do Sitio e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O Usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección, sistema de seguridade ou medida electrónica para a xestión de dereitos existente no Sitio.

7. Exclusión de garantías e responsabilidade

O Titular do Sitio non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidese ocasionar a navegación polo Sitio e, en particular e sen prexuízo doutros, dos erros ou omisións nos Contidos, da falta de dispoñibilidade do Sitio ou da transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

8. Modificacións

O Titular do Sitio resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu Sitio, e pode cambiar, suprimir ou engadir tanto os Contidos e servizos que se presten a través del como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados no Sitio, ou mesmo deixalo completamente baleiro de calquera contido.

9. Emprego de cookies

O Titular do Sitio utiliza cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación no Sitio e mellorar a experiencia do seu Usuario. As cookies asócianse unicamente a un Usuario, ao seu ordenador e/ou ao navegador que utiliza para acceder ao Sitio. En ningún caso as cookies utilizadas no Sitio permiten identificar o Usuario. O Usuario pode configurar o seu navegador para que lle notifique e rexeite a instalación de cookies, e recoméndaselle que o faga así.

O detalle das cookies utilizadas no Sitio figura na Política de cookies do Titular do Sitio.

10. Ligazóns

No caso de que no Sitio existan ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, o Usuario queda informado de que o Titular do Sitio carece de control sobre eses sitios e contidos, agás aqueles que sexan de titularidade do Titular do Sitio. En ningún caso o Titular do Sitio asume responsabilidade ningunha sobre a dispoñibilidade de, ou a accesibilidade a, os contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún deses hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

11. Dereito de exclusión

O Titular do Sitio resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Sitio e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de aviso previo, por iniciativa propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

12. Xeneralidades

O Titular do Sitio perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu Sitio, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

13. Modificación das presentes condicións e duración

O Titular do Sitio poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, que serán debidamente publicadas tal e como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

14. Lexislación aplicable e xurisdición

A relación entre o Titular do Sitio e o Usuario réxese polo Dereito español común, incluído o Dereito da Unión Europea e o establecido nos tratados e convenios internacionais nos que España sexa parte.

Calquera controversia que poida xurdir entre o Titular do Sitio e o Usuario queda sometida, na medida permitida polo Dereito vixente en cada momento, aos xulgados e tribunais da cidade de Madrid.