Cookie Consent by Free Privacy Policy Generator

Privacidade

Nos seguintes apartados atopará información detallada sobre o tratamento dos seus datos de carácter persoal para cuxa realización a empresa CRONOTEC lle vai solicitar o seu consentimento, de conformidade coa lexislación vixente en cada momento.

1. Responsable

O responsable do tratamento dos seus datos de carácter persoal é CRONOTEC, con domicilio social en e CIF . Para calquera cuestión relativa ao tratamento dos seus datos persoais pode contactar connosco no número de teléfono +34 600889809 ou por correo electrónico en cronotec1@gmail.com.

2. Finalidade

Os fins para os que se lle solicita o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais son os que se indican no cuestionario que lle pedimos que cubra, e que prevalece sobre esta Política de privacidade. En todo caso, informámolo de que:

  • A. Tratamos a información que nos proporcionan as persoas interesadas para xestionar os servizos de envío de publicacións, rexistro web e inscricións en eventos, segundo o caso.
  • B. Con base na información que nos proporcione, elaboraremos un perfil comercial que nos permita ofrecerlle servizos e/ou produtos acordes coas preferencias e intereses que nos manifestou, sexan propios ou de terceiros, así como mellorar a súa experiencia de usuario. O envío das ofertas de servizos e/ou produtos poderá efectuarse por calquera medio, físico ou electrónico, incluídos o correo electrónico, o teléfono e/ou os SMS.
  • C. Conservaremos os datos que nos facilite mentres non nos solicite a súa supresión.
  • D. Procuraremos, coa súa colaboración, manter debidamente actualizados os datos que tratemos.

3. Lexitimación

Salvo no caso de que expresamente lle indiquemos, ao solicitar o seu consentimento, que o necesitamos para algunha finalidade específica, como a execución dun contrato (tipicamente de subscrición ou compra de publicacións, ou para xestionar a súa participación nun evento), a base xurídica en virtude da cal realizamos o tratamento dos seus datos é o consentimento que vostede nos outorga, para os fins e usos que enumeramos polo miúdo nos apartados 2.A e 2.B anteriores.

4. Destinatarios

Sempre que contemos co consentimento expreso da persoa interesada necesario para tal fin, os datos que tratemos, de usuarios das webs, clientes, provedores e traballadores das diferentes sociedades CRONOTEC, comunicaranse ás demais sociedades do titular para fins administrativos internos e para os indicados nos apartados 2.A e 2.B anteriores, así como para que algunha desas sociedades reciba o encargo, doutra ou doutras, de realizar o tratamento dos datos por conta da sociedade responsable deles.

En principio, non comunicamos a terceiros alleos a CRONOTEC os datos persoais que tratamos. Se fósemos facelo, comunicarillo previamente a vostede, e a sociedade que tivese que recibir tal comunicación solicitaríalle o consentimento que fose necesario.

5. Dereitos que lle asisten en materia de protección de datos

Lembrámoslle que a normativa vixente lle recoñece os seguintes dereitos:

  • A solicitar o acceso aos seus datos persoais, para calquera fin, en particular para saber se estamos a tratar os seus datos, con que finalidade e con que base xurídica (consentimento contractual, consentimento específico, etc.);
  • A solicitar a rectificación dos datos inexactos ou a súa supresión, por exemplo cando deixasen de ser necesarios para os fins para os que foron recollidos;
  • A solicitar a limitación do tratamento dos datos, en determinadas circunstancias, caso en que os conservaremos soamente para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións;
  • A opoñerse ao seu tratamento, en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, caso en que deixaremos de tratar os seus datos salvo por motivos lexítimos imperiosos ou para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións; e
  • Á portabilidade dos datos persoais que se refiran a vostede (non a terceiros), que nos proporcionase vostede mesmo directamente e que sexan obxecto de tratamento automatizado.

Pode facer efectivo calquera destes dereitos dirixíndose ao Delegado de Protección de Datos, ben por correo postal ao domicilio social, , ben por correo electrónico a cronotec1@gmail.com.

No caso de que vostede exerza algún destes dereitos respecto daqueles datos que sexan indispensables para a execución dun contrato, informarémolo das consecuencias que diso se deriven. Nos casos en que a base xurídica do tratamento sexa distinta do consentimento contractual, procederemos de inmediato a executar o que nos ordene ao respecto, sen prexuízo da licitude dos tratamentos de datos realizados ata esa data. En todo caso, pode obter información sobre o exercicio dos seus dereitos na Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es) ou en organismos análogos das comunidades autónomas.

6. Procedencia

Nos casos permitidos polo Dereito vixente, nos que tratemos os seus datos e non os obtivésemos directamente de vostede, informarémolo por correo postal, por correo electrónico ou por mensaxería instantánea acerca dos seguintes extremos:

  • A fonte da que proceden os seus datos e, en particular, se se trata dunha fonte de acceso público, dispoñible sen restricións;
  • As categorías de datos persoais de que se trate, así como se se trata de datos especialmente protexidos.

7. Medidas de seguridade

O responsable do tratamento comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos, e ten adoptadas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a súa seguridade e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía e de conformidade co establecido na normativa vixente. Non obstante, non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade de Internet nin, polo tanto, que non se violen os datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros; nese caso notificarao á autoridade competente nos prazos sinalados para o efecto pola normativa vixente.

8. Política de cookies

A Política de cookies do responsable do tratamento está accesible a través da seguinte ligazón, ademais da que lle apareceu nunha xanela emerxente ao acceder a esta páxina web.

Recoméndase a lectura desta Política de cookies para coñecer que son as cookies, cales se utilizan nesta web e para que fins, a información que recompila cada unha delas e as opcións de que vostede dispón, tanto a través da configuración do seu navegador de Internet como accedendo ás webs dos seus provedores e dos principais navegadores, para configurar ou rexeitar a instalación de cookies nos seus terminais (ordenador, tableta, teléfono móbil, etc.).

Setembro de 2019